Conscientes de que non sempre é sinxelo vir visitarnos á Escola, temos varias opcións nas que nos desplazamos ao voso centro para falar co estudantado.

Envío de folletos informativos
Enviamos un e-dossier (PDF) e dípticos descritivos (PDF) a todos os centros educativos galegos pre-universitarios onde damos a coñecer as titulacións do noso centro, as actividades que facemos no ámbito da investigación e testemuñas de estudiantes e persoas egresadas sobre a vida na EET.
Charlas divulgativas
Nas seguintes fichas de presentación das charlas divulgativas que impartimos en centros pre-universitarios (PDF) pódense ver as temáticas que tratamos, tales como o 5G, o funcionamento dun dron, a seguridade en dispositivos móbeis, matemáticas nas telecomunicacións, Internet das Cousas (IoT) ou a Intelixencia Ariticial.
15 destas charlas son impartidas por docentes da EET e 7 por profesionais de empresas asociadas como mecenas da EET na iniciativa ConexiónTeleco. Adaptamos cada charla segundo ao nivel académico da audiencia para que podan entender mellor os aspectos relacionados cos estudios que ofertamos, espertando o interese desde idades temperás cara a posibles estudos técnicos. Podemos impartilas online ou presencialmente:
Elías Pérez Carrera, de quobis:, en CPR Plurilingüe San José, de Pontedeume
Tomás Prado, de Optare, en CPR Plurilingüe Amor de Dios, de Vigo
Roberto Pérez e Carlos Pérez Olivares, de Optare, en IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui
Carlos Pérez e Tomás Prado, de Optare, en EFAG Fonteboa de Coristanco, A Coruña
Vanessa Vilariño e Roberto Pérez, de Optare, en CPI Plurilingüe de Vedra, A Coruña
Tomás Prado y Carolina González, de Optare, en IES Escolas Proval, de Nigrán, Pontevedra
Diego Diarte y Daniel Rodríguez, de Optare, en CPR Plurilingüe Andersen Augalonga, de Vigo
María Roig e Iria Moreira, de Optare, en CPR Plurilingüe Galaxia, de Ribeira, A Coruña
Jaime González González, en IES Mendiño, de Redondela
Manuel Caeiro Rodríguez, en CPI Ponte Carreira, de Frades, A Coruña
Fernando Martín Rodríguez, en IES Francisco Asorey, de Cambados
Íñigo Cuiñas, en IES María Soliño, de Cangas
Manuel Caeiro, en IES María Soliño, de Cangas
Felipe Gómez Cuba en CPI Ponte Carreira, de Frades, A Coruña
Felipe Gómez Cuba en CPR Plurilingüe Padres Franciscanos, de A Coruña
Jaime González, en IES Castelao, de Vigo
Enrique Costa en IES de Barro, Pontevedra
Jaime González en CPR Plurilingüe Losada, de Vigo
Manuel Caeiro en CPR Santa Cristina, de Vigo
Laura Docío en IES 12 de Outubro, de Ourense
Cristina López Bravo en CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, de Celanova, Ourense
Rebeca Díaz en CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla, Lugo
Felipe Gómez Cuba, en CPR CEBEM, de Vigo
Manuel Caeiro, en IES A Guía, de Vigo
Íñigo Cuiñas, en CPR Plurilingüe Miralba, de Vigo
Fernando Martín, en Colexio Plurilingüe San Fernando, de Vigo
Enrique Costa, en IES de Mos, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES de Vilalonga, de Sanxenxo, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES Escolas Proval, de Nigrán, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES Mendiño, de Redondela, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES Lama das Quendas, de Chantada, Lugo
Rebeca Díaz, en Colexio Plurilingüe San Fernando, de Vigo
Rebeca Díaz, en CPR Plurilingüe Andersen Augalonga, de Vigo
Rebeca Díaz, en CIFP A Xunqueira, de Pontevedra
Laura Docío, en CPR Santa Cristina, de Vigo
Manuel Caeiro, en Colexio Plurilingüe San Fernando, de Vigo
Juan Carlos Burguillo, en IES Illa de San Simón, de Redondela, Pontevedra
J Carlos López Ardao, en CPR Plurilingüe Ángel de la Guarda de Nigrán
Rebeca Díaz, en IES Francisco Asorey, de Cambados, Pontevedra
Cristina López Bravo, en IES Río Cabe, de Monforte, Lugo
Rebeca Díaz, en IES Pedra da Auga, de Ponteareas, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES Faro das Lúas, de Vilanova de Arousa, Pontevedra
Carlos Mosquera, en IES de Chapela
Carlos Mosquera, en Colexio Maristas Cristo Rey, de A Coruña
Carlos Mosquera, en IES David Buján, de Cambre, A Coruña
Manuel Caeiro, en Colegio Apóstol Santiago, de Vigo
Juan Carlos Burguillo, en CPR Plurilingüe San Fermín, de Caldas de Reis, Pontevedra
Rebeca Díaz, en IES Val Miñor, de Nigrán, Pontevedra
Felipe Gómez Cuba, en CPR Plurilingüe Andersen Augalonga, de Vigo
Felipe Gil Castiñeira, en IES Lama das Quendas, de Chantada, Lugo
Fernando Martín, en Colegio Marista El Pilar, de Vigo
Presentación das titulacións

Periodicamente, e de forma coordinada cos centros educativos, organizamos visitas para dar a coñecer os estudos de grao que ofertamos. Nelas, estudantes de últimos cursos, acompañados dun/ha docente do centro, informan sobre a vida na EET, o exercicio da profesión, a elevada inserción laboral, as asociacións estudantís nas que se involucra o alumnado do centro etc.
Visibilización da muller no ámbito das Telecomunicacións

A través do programa inspiraSTEAM, varias docentes da nosa escola colaboran na visibilización das mulleres nas profesións STEAM, no ámbito das Telecomunicacións en particular. A través de 6 sesións de mentorización orientadas a estudantes de último curso de educación primaria, realízanse talleres e charlas que tratan de solventar a brecha de xénero que existe no ámbito STEAM.
Participación no programa STEMbach
A EET oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco do programa STEMbach. Tamén podes atopar, organizados por bienios, os proxectos propostos pola EET. Estes proxectos permiten ao estudantado do STEMBach desenvolver un proxecto relacionado con traballos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico que fan docentes da EET, favorecendo así a adquisición de competencias STEM e espertando o seu interese polas titulacións impartidas no Centro.
Charlas informativas dirixidas a profesorado e equipos de orientación de educación secundaria.
Na Escola consideramos de gran relevancia que o profesorado e os equipos de orientación secundaria teñan información actualizada, fiable e de primeira man sobre as titulacións que ofertamos. Normalmente estas charlas son organizadas nas Delegacións de Educación de cada provincia, aínda que tamén facemos charlas específicas nos centros que así o requiran.
Ven visitarnos!
Contacta coa Subdirección de Difusión e Captación neste correo:
teleco.subdir.captacion@uvigo.gal