A persoa que queira iniciar estudos nunha das titulacións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, sexa grao, mestrado ou doutoramento, unha vez estea admitida, debe facer os trámites de matrícula.
Para saberes máis e atopares toda a ‘info’ sobre o proceso de matrícula na Universidade de Vigo fai clic no seguinte botón:
Para informarse sobre o custo dos estudos, modalidades de pagamento e descontos e exencións, preme aquí:
A continuación resúmense as prazas ofertadas nas diferentes titulacións da EET.
Curso académico 2021/2022
Estudos de grao
TITULACIÓN | PRAZAS | CALENDARIO | MATRÍCULA |
---|---|---|---|
Grao GETT (castelán/galego) Grao GETT (inglés) | 130 20 | Preinscrición Preinscrición | Automatrícula | Continuación Automatrícula | Continuación |
Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de grao
Estudos de máster
TITULACIÓN | PRAZAS | CALENDARIO | MATRÍCULA |
---|---|---|---|
Mestrado MET Mestrado MuniCS Mestrado M2i Mestrado imcv | 40 20 20 6 | Cal. preinscrición Cal. preinscrición Cal. preinscrición Cal. preinscrición | Automatrícula Automatrícula Automatrícula Automatrícula |
Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de posgrao
Estudos de doutoramento
TITULACIÓN | PRAZAS | CALENDARIO | MATRÍCULA |
---|---|---|---|
Doutoramento Doc-TIC | 30 | Cal. preinscrición | Automatrícula |
Convocatoria de matrícula 2021/2022 – Estudos de posgrao
Para estudantes de continuación de estudos no GETT, é bo lembrar que cando realices o proceso de automatrícula, tes ter en conta que:
- Existen simultáneamente dous planos de estudos, un deles en extinción. Para as materias do segundo curso do plano en extinción, este curso académico 2020/21 é o derradeiro con oportunidades de avaliación. A adaptación ao novo plano será obrigatoria en caso de non ter todas as materias superadas ao remate do curso.
- Implántanse no plano novo o cuarto curso do GETT, tanto na liña en español/galego como na liña en inglés. A estrutura non varía, pero hai algúns cambios de denominación e contidos nalgunhas materias da mención de Son e Imaxe.
En calquera caso, e para calquera consulta relacionada coa organización das titulacións de grao, diríxete a teleco.subdir.academica@uvigo.es ou teleco.grao@uvigo.es para recibires máis información.