Que é informaTE?

Teleco?
Pero que se estuda en Teleco?
En que podo traballar cando remate Teleco?

Tes algunha destas preguntas en mente? Co novo programa informaTE poderás obter respostas a todas estas preguntas e máis falando directamente co estudantado actual, profesorado do centro ou persoal de empresas do sector das telecomunicacións.

Non deixes as túas preguntas sen resposta e ven a estudar connosco!

En que consiste?

O Plan de Acción Titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) ven de recibir un novo programa: infórmaTE. Dirixido principalmente a futuros estudantes, axudará a obter información de primeira man sobre os estudos que ofertamos antes de entrar na escola. Esta información obterase de forma presencial ou telemáticamediante videoconferencias-, e poderá proceder, a petición dos solicitantes, de:

  • empresas do sector das telecomunicacións: para coñecer oportunidades profesionais
  • docentes do centro: co fin de coñecer en máis detalle os estudos
  • estudantes actuais da escola: para obter unha información máis próxima xeracionalmente do centro

O programa informaTE poderá ser tamén usado por nais, pais ou persoas titoras dos futuros estudantes, orientadores de centros de educación secundaria e formación profesional, e estudantes dos primeiros cursos das nosas titulacións para coñecer as diferentes mencións, as súas saídas profesionais e as posibilidades de continuacións de estudos en mestrados ou programas de doutoramento.

Hai máis información?

Se desexas máis información sobre a acción en xeral ou sobre calquera dos seus aspectos, podes ver os seguintes documentos sobre as persoas e entidades que colaboran no programa:

Queres participar?

Contacta connosco usando a seguinte ligazón:

Para dúbidas ou máis información

Coordinación do Plan de Acción Titorial
da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación


teleco.pat@uvigo.gal