O programa de intercambio KA131 pertence ao programa Erasmus+ e ten como obxectivo facilitar a mobilidade entre estudantes de entidades educativas do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)

Se tes interese en gozar dunha experiencia única, como é estudar noutra universidade do EEES, este programa é a túa oportunidade. A inmersión cultural e académica nunha universidade estranxeira ampliará o teu coñecemento doutras linguas, saberás como se traballa e estuda noutros países e, en definitiva, ampliará as túas oportunidades laborais cando regreses.

Se queres facer unha estadía

A EET ten convenios con numerosas universidades de recoñecido prestixio, como a Universidade de Gent, a Universidade Técnica de Munich, a Universidade de Bolonia, a Universidade de Lodz ou a Universidade Técnica de Eindhoven.

Podes facer unha estadía financiada de ata 12 meses que deberás solicitar na convocatoria anual que realiza a Universidade de Vigo. A asignación de prazas realizase segundo:

  • o teu expediente académico (nota media), 
  • o teu nivel acreditado do idioma exigido pola universidade de destino 
  • e outros criterios adicionais que a universidade de acollida especifique.

Se queres realizar unha estadía Erasmus+ KA131 debes ter en conta:

Se estás no Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación:

  • O plan de estudos está deseñado para realizar a mobilidade no primeiro cuadrimestre do cuarto curso
  • Necesitas ter aprobados polo menos 114 ECTS dos 132 ECTS de materias do módulo de Formación Básica e do Módulo de Telecomunicación do grao. Esta restrición non se terá en conta para intercambios dentro do sistema universitario español.
  • Necesitas ter un certificado de idioma de nivel B1 da lingua na que se recibirá a docencia na universidade de acollida, salvo no caso de Portugal e Italia.
  • O centro de destino pode ter requisitos adicionais que se indicarán na propia convocatoria.
  • Necesitas cursar no centro de destino entre 18 e 36 ECTS por cuadrimestre.
  • Terás que formalizar un contrato de estudos coa persoa encargada de xestionar a mobilidade académica (Subdirección de Relacións Internacionais da EET)

Se estás no Máster en Enxeñería de Telecomunicación:

  • O plan de estudos está deseñado para realizar a mobilidade no segundo curso
  • Necesitas ter aprobados polo menos 50 ECTS dos 60 ECTS correspondentes ao primeiro curso
  • Necesitas ter un certificado de idioma de nivel B2 da lingua na que se recibirá a docencia na universidade de acollida, salvo no caso de Portugal e Italia. 
  • O centro de destino pode ter requisitos adicionais que se indicarán na propia convocatoria.
  • Necesitas cursar no centro de destino entre 15 e 30 ECTS por cuadrimestre.
  • Terás que formalizar un contrato de estudos coa persoa encargada de xestionar a mobilidade académica (Subdirección de Relacións Internacionais da EET)

Normativas:

Para dúbidas ou máis información

Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación


teleco.subdir.internacional@uvigo.es