
Realizar parte dos estudos noutra universidade é unha experiencia enriquecedora. A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ten unha clara vocación internacional e unha dilatada traxectoria de liderado de proxectos de intercambio con universidades tanto dentro como fóra da UE.
Se estudas na Escola e desexas facer parte dos estudos noutra universidade tes dúas grandes opcións:
- Facer uso das oportunidades de mobilidade
- Aproveitar convenios de dobre titulación internacional
Oportunidades de mobilidade
O maior número de oportunidades de mobilidade internacional son as ofertadas dentro do programa Erasmus+.
Este programa ten dúas opcións ben diferenciadas en función do teu destino de estudos:
- Programa KA103 – Universidades dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
- Programa KA107 – Universidades fóra do EEES
Ademais, tamén hai outras posibilidades:
Internacional con EE.UU.
A asociación International Student Exchange Programme (ISEP) permite realizar nunha universidade estadounidense un curso completo (agosto-maio) ou un semestre (agosto-decembro / xaneiro-maio).
Internacional, dentro do ámbito da enxeñaría
A asociación Global Education: Exchanges for Engineers and Entrepreneurs (GE4) propón diferentes alternativas. Tedes información proporcionada pola UVIGO aquí.
Para consultar detalles administrativos sobre estes programas e outros (apertura de convocatorias, prazos etc.) podes:
- Consultar a páxina de Mobilidade da Universidade de Vigo
- Contactar coa ORI (Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo)
Dobres titulacións
Nunha dobre titulación cursarás parte da túa titulación na Universidade de Vigo e parte nunha segunda universidade. Isto permitirá que consigas ambos os dous títulos
Para dúbidas ou máis información
Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación
teleco.subdir.internacional@uvigo.es