O 24 de abril de 2026, o estudante da EET Carlos Fernando Fernández Deus recibiu o premio do COITT/AEGITT “Futuro de las Telecomunicaciones” ao Mellor TFG en Ciberseguridade polo seu TFG: “Optimización de Reglas de Firewall para Securización de Redes Aplicando Teoría de Grafos“
O proxecto foi desenvolvido na empresa planCiber e cotitorizado nela polos exalumnos da EET Pedro Tubío Figueira e José Luis Rivas López, tamén docente da Escola.
Un recoñecemento que pon en valor o seu talento e esforzo, e a excelencia da súa proposta. É un orgullo contar con estudantes así!
Parabéns!
Fonte: COITT/AEGITT



