O pasado venres 7 de xuño celebramos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) o acto de graduación de:
- 58 estudantes da XI Promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) e da III promoción do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE),
- 8 estudantes da IX Promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET), e
- 7 estudantes das promocións I a IV do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).
Parabéns polo voso traballo, non podemos estar máis orgullosos de todos e cada un de vós, e felices de poder ter compartido esta etapa de formación. Agora toca vervos partir cara a un futuro que, temos a seguridade, estará cheo de oportunidades que saberedes aproveitar!
Grazas especiais por formar parte desta celebración a Dna. Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Estudantado e Empregabilade, Dna. Carmen Prego Pastoriza, People Manager de Centum Research & Technology, S.L. , D. José Miguel Pascual Ruíz , Director CoC HW y R&T, Indra T&D, D. José Manuel Martínez, decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA) e presidente da AGGETT, e ao alcalde de Vigo D. Abel Caballero. E por suposto, tamén á Directora da Escola, Rebeca P. Díaz Redondo, aos padriños e madriñas Dna. María Dolores Valdés Peña (por parte do GETT), D. Ignacio Alonso Alonso (por parte do GETT), D. Manuel Fernández Veiga (por parte do MET) e Dna. Ana Fernández Vilas (por parte do MUniCS) e aos representantes do estudantado Dna. Henar Mariño Bodelón e D. Carlos Calvo Moa.
Grazas tamén a todos os que vos achegastes para celebrar con eles, e con nós, este momento tan especial.
Moitas grazas ás dúas empresas de ConexionTeleco que patrocinan este acto. Nas fotos, os nosos alumnos e alumnas locen moi elegantes co suadoiro que lles regalamos para que nos leven preto do seu corazón. É un deseño de Luis Davila e foi patrocinado por Indra. Agradecemos tamén a CENTUM research & technology o copatrocinio dos pinchos que tomamos ao acabar o acto.