O workshop ‘Hackeando o patriarcado’ celebrou na EET a súa 3ªedición, desta volta centrada na intelixencia artificial fronte aos machismos

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolleu o evento que se celebrou en sesións de mañá e tarde e se puido seguir en vivo e tamén pola rede

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra a a Universidade de Vigo, celebrou o 18 de novembro de 2021 a terceira edición do workshop “Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado“, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”.

Este ano o lema foi Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas, polo que o workshop pretende cuestionar o papel que están a desempeñar as tecnoloxías na lexitimación das fendas e nesgos de xénero, así como atender a información relevante proporcionada polo ecofeminismo ou tecnofeminismo.

Encheunos de fachenda recibir este evento no Centro, xa que permite visibilizar ás enxeñeiras que traballan no sector TIC e en IA, temática desta edición. Cabe resaltar que dous dos nove proxectos concedidos en 2021 pola Cátedra Feminismos 4.0 Depo-Uvigo son dirixidos por mulleres da EET.