Martina Páramos, estudante da Escola, e o seu equipo, gañan o 2º premio do "Reto SofIA para el Hogar" de Telefónica

Martina e os seus compañeiros Juan e Javier presentaron a proposta dun sistema dirixido a reducir o consumo eléctrico dos fogares.

Telefónica lanzou o “Reto SofIA de Intelixencia Artificial”, dirixido a estudantes de universidades con premios ás ideas ou propostas que, estando baseadas en aplicacións de IA, fagan dos fogares espazos máis sensible ás persoas que os habitans.

As ideas ou propostas desenvolvense baixo mentorización do equipo Digital Home de Telefónica. Alén se de ser unha boa oportunidade para o estudantado, os premios tamérn son interesantes, 3.000€o primeiro e 1.500€ o segundo.

Martina Páramos

Martina – que é vicepresidenta da rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers)–explica a súa proposta: “A nosa idea era que a partir da lectura do sinal da corrente dun contador dunha vivenda se puidese distinguir que electrodomésticos están conectados e cal é o consumo de cada un deles para, deste xeito, poder informar ao usuario ou usuaria sobre cales son os electrodomésticos que consumiron máis, canto tempo tiveron prendidas as luces etc.”