Estudantado de bachelarato participan no proxecto STEMbach da nosa Escola

STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao abeiro da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia

Estudantes do Colexio Miralba que participan no STEAMbach cun proxecto no ámbito da seguridade e privacidade das comunicación

STEMbach ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias clave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.

Nun caso, o do Colexio Miralba de Vigo, fíxose, baixo a supervisión de docentes da Escola, un proxecto no ámbito da seguridade e privacidade das comunicación. Concretamente os rapaces fixeron un “Estudo de ameazas informáticas nos centros educativos.

Estudantado do IES María Soliño de Cangas nunha visita ás instacións da nosa Escola

Noutra destas iniciativas, no 1º curso de Bacharelato do Alumnos de 1º de Bacharelato do IES María Soliño de Cangas que cursan o STEMbach van a desenvolver un proxecto de Internet das Cousas (IoT), baixo a dirección do PDI da EET Juan José López.  Tamén fixeron unha visita ás nosas instalacións dentro da programación das actividades formativas

STEMbach está pensado tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes e pretende promover as vocacións do alumnado nestes ámbitos mediante a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.