A acta fundacional e os primeiros estatutos da DAAT datan de 1992. A delegación de alumnos é unha asociación que agrupa a todos os representantes do estudantado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Dende o seu nacemento, traballa para cumprir a súa principal función, que é servir ao estudantado no seu día a día na escola, así como defender os seus dereitos e intereses nos múltiples órganos de xestión do centro.
Fúndase a DAAT (Delegación de Estudantado da EET)
