O día 21 de novembro celebrarase na nosa Escola a VI Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común -Educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento nas universidades galegas- da rede Artigo9tech.
Trátase dun encontro anual onde se falará dos éxitos e dos problemas cando se traballa en cooperación na universidade. Na xornada se darán a coñecer os seguintes proxectos:
- Cooperación con países do Sur Global programas Erasmus+ K171, José Santiago Pozo (UVigo)
- Fluídos divertidos: aprender xogando nun hospital, Eduardo Suárez (Uvigo)
- Claves xurídicas para unha transición enerxética xusta e inclusiva desde a cooperación España-Ecuador na implementación de comunidades enerxéticas, Rosa Ricoy (UVigo)
- Banco de reciclaxe electrónica con software libre en Ferrol, José Manuel Folgar (UDC)
- A creación de imaxinarios sobre migración a través de imaxes xeradas por IA: discriminación algorítmica no contexto educativo, Breixo Martins (UVigo)
- Mellora do sistema de abastecemento de auga nunha poboación de Guinea-Bissau e concorrencia con outras accións de cooperación, Concepción Pérez (UVigo)
- C4RURAL Project, Xavier Simón (UVigo)
- Right to Repair Project, Ana Alfaya (Uvigo)
Data: venres 21 de novembro de 2025, 10:30 a 14:30
Lugar: Salón de Graos, EET
Destinatarios: estudantes da escola
É necesaria a inscrición no seguinte formulario e, ata o día 20 de novembro, na materia do PAT en Moovi.
Os asistentes a xornada recibiran unha certificación de catro horas.
