Obradoiro "Virtualización de contedores con Kubernetes",

Abrir

A iniciativa AltiaTechDay é un programa formativo, en colaboración coas universidades, dirixido a mostrar de forma teórica e práctica diferentes tecnoloxías e/ou ferramentas ao alumnado de centros nos que se enmarcan docencia dentro do mundo das TIC.
Nesta ocasión ofrecenos o obradoiro “Virtualización de contedores con Kubernetes”, un taller interactivo para configurar o teu ambiente Kubernetes no teu ordenador. Recomendan levar Docker Desktop instalado. O obradoiro, de dúas horas, será impartido polo seguinte persoal de Altia:

  • Nicolás Santos Camaño – Enxeñeiro de Infraestruturas de Datacenter

Data: xoves 21 de novembro de 2024, de 15:00 a 17:00
Lugar: Aula T109

Destinatarios: estudantes de GETT, MET e Munics

É necesaria a inscrición, ata o día 19 de novembro.

Os asistentes ao obradoiro recibirán unha certificación de dúas horas.