Ven a descubrir o futuro das aplicacións web con Angular!
Se queres aprender a crear aplicacións modernas de forma rápida, sinxela e práctica inscríbete neste obradoiro impartido por Francisco Javier Ramos Condés,Xestor de Proxectos en Altia. Aprenderás a arquitectura básica de Angular e como se estrutura un proxecto, crearás un compoñente funcional e descubrirás a inxección de dependencias e servizos, ferramentas clave para desenvolver aplicacións escalables.
Estrutura do curso:
- Breve introdución a Angular
- Setup e entorno de desenvolvemento
- Estrutura básica de Angular
- Demostración práctica: primeiro compoñente
- Servizos e inxección de dependencias
- Preguntas e peche
Data: mércores 26 de novembro de 2025, 13:00 a 14:30
Lugar: Aula T108
Destinatarios: estudantes da escola
É necesaria a inscrición, ata o día 25 de novembro, na materia do PAT en Moovi.
Os asistentes a xornada recibiran unha certificación de hora e media.
