Qualcomm estableceu un acordo de colaboración coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo para ofrecer cursos de formación en 5G. Grazas a este acordo os estudantes teñen acceso aos cursos e a oportunidade de recibir certificación pola súa formación a través do programa Qualcomm Academy.

O programa está deseñado para desenvolver as habilidades e coñecementos en 5G dos estudantes universitarios, así como mellorar as perspectivas laborais no ecosistema tecnolóxico.

En que consiste?

A través do programa QWA pódeste matricular na formación 5G que ofrece Qualcomm de forma gratuíta, recibir un certificado de Tecnoloxías Qualcomm e ter a oportunidade de ser identificado polos reclutadores de Qualcomm. Trátase dunha boa ocasión para construír o teu currículo e habilidades nun campo moi demandado.

Quen pode participar?

Calquera estudante matriculado na Universidade de Vigo (grao, posgrao, doutoramento).

O perfil recomendado é o de estudantes de enxeñaría que queiran coñecer os principios tecnolóxicos fundamentais dos sistemas 5G ou de estudantes de perfil económico/empresarial que queiran coñecer como as tecnoloxías 5G están cambiando a forma de comunicarse e de facer negocios.

Como me podo apuntar?

Matricularte no programa só leva cinco minutos. Podes seguir os seguintes pasos:

  1. Contacta con Felipe Gil Castiñeira ( felipe@uvigo.gal ), para solicitar o código de desconto.
  2. Crea a túa conta en QWA: Por favor, crea a túa conta aquí.
  3. Escolle os cursos desexados: Primeiro, asegúrate de que iniciaches sesión na túa nova conta. A continuación, fai clic nos dous cursos indicados a continuación e fai clic en “Engadir ao carro” para cada curso. Asegúrate de que ambos os cursos están no teu carro antes de continuar á caixa.
    • 5G Primer: Un curso introdutorio de dúas horas para estudantes de negocios e/ou enxeñaría que son novos no campo da enxeñaría das comunicacións sen fíos.
    • Fundamentals of Cellular Communication and 5G: Un curso introdutorio máis profundo de seis horas con algúns compoñentes técnicos tamén orientado a estudantes de negocios e/ou enxeñaría novos no campo.
  4. Completa o proceso de compra: Unha vez que os dous cursos anteriores estean no teu carro, continúa o proceso de compra. Unha vez que esteas na páxina de compra, aplica o código de desconto que che enviaremos por correo. Unha vez que completes o proceso, poderás ver os teus cursos na lapela “Os Meus Cursos” na equina superior dereita da páxina.
  5. Se o desexas, pódeste rexistrar para o “5G Introductory-Level Certification Exam” (Opcional): Se desexas realizar o exame pódeste rexistrar no seguinte enlace. O exame é en liña e non é gratuíto, senón que ten un custo de 29$. Se aprobas o exame, recibirás un certificado 5G de Tecnoloxías Qualcomm e a QWA notificará aos reclutadores da Qualcomm que o superaches.

“5G Associate-Level Certification”

A través deste acordo QWA tamén ofrece aos estudantes, egresados e traballadores da Universidade de Vigo descontos para conseguir a “5G Associate-Level Certification”.

Se desexas acceder a este desconto, contacta con Felipe Gil Castiñeira (felipe@uvigo.gal).