A Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos da Universidade de Vigo para titulacións adaptadas ao espazo Europeo de Educación Superior (EEES) foi aprobada na reunión do Consello de Goberno do 25 de xuño de 2025. 

Experiencia laboral ou profesional e ensinanzas universitarias non oficiais

O número de créditos que sexan obxecto de recoñecemento a partir de experiencia profesional ou laboral e de ensinos universitarios non oficiais (propios ou de formación permanente) non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos (90 ECTS). A Comisión Académica do Mestrado valorará e aprobará, se é o caso, as solicitudes de recoñecemento de créditos, previo informe do profesorado que imparte as materias e á vista da documentación que presenten as persoas solicitantes que, como mínimo, ha de ser: copia da vida ou contrato laborais e certificado da empresa onde consten as funcións e tarefas que realiza ou realizou no posto de traballo.

Algunhas normativas de interese: