Para obter o título de MUIoT é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:
- 39 obrigatorios
- 15 optativos (de especialidade), incluíndo 3 de prácticas externas obrigatorias
- 6 de Traballo de Fin de Mestrado
Definíronse 3 especialidades. Cada especialidade, cuxa elección é obrigatoria, consta de 7 materias, 4 delas son obrigatorias de especialidade (OB-E) e o alumno debe elixir unha optativa de especialidade (OP-E) entre as outras tres, para un total de 15 ECTS. As prácticas en empresa deste Máster son obrigatorias como complemento de formación orientada en cada especialidade.
Cuadrimestre 1 | |||||
Bimestre 1 | Bimestre 2 | ||||
Materia | ECTS | Tipo | Materia | ECTS | Tipo |
Dispositivos IoT | 4,5 | OB | Novas Arquitecturas e Paradigmas IoT | 4,5 | OB |
Redes de Comunicacións en IoT | 3 | OB | Protocolos de Comunicacións para IoT | 4,5 | OB |
Computación na Nube para IoT | 3 | OB | Innovación e Emprendemento Tecnolóxico en IoT | 3 | OB |
Sistemas Encaixados | 4,5 | OB | Enxeñaría de Datos para IoT | 3 | OB |
Cuadrimestre 2 | |||||
Bimestre 3 | Bimestre 4 | ||||
Materia | ECTS | Tipo | Materia | ECTS | Tipo |
Aprendizaxe Automática | 4,5 | OB | Especialidade III | 3 | OP (OB-E) |
Ciberseguridade en IoT | 4,5 | OB | Especialidade IV | 3 | OP (OP-E) |
Especialidade I | 3 | OP (OB-E) | Prácticas en Empresa | 3 | OP (OB-E) |
Especialidade II | 3 | OP (OB-E) | Traballo de Fin de Mestrado | 6 | TFM |
As materias de cada especialidade son:
- Sociedade 5.0:
- Prácticas en Empresa para Sociedade 5.0 (OB-E)
- Smart Health para IoT (OB-E)
- Smart Cities (OB-E)
- Edificios e Fogares Intelixentes (OB-E)
- Big Data para a Sociedade 5.0 (OP-E)
- Análise de vídeo para Aplicacións da Sociedade 5.0 (OP-E)
- Despregamento de rede para aplicacións de Smart Cities/Buildings (OP-E)
- IIoT:
- Prácticas en Empresa para IIoT (OB-E)
- Integración de Sistemas en IIoT (OB-E)
- Green IoT (OB-E)
- Xemelgos Dixitais para plantas industriais (OB-E)
- Xemelgos Dixitais Robóticos (OP-E)
- Análises de vídeo en IIoT (OP-E)
- Big Data para IIoT (OP-E)
- Vehículo conectado:
- Prácticas en Empresa para Vehículo conectado (OB-E)
- IoT no ámbito do vehículo conectado (OB-E)
- Sistemas de Transporte Intelixente (OB-E)
- IoT para UAVs (OB-E)
- Big Data para o vehículo conectado (OP-E)
- Despregamento de rede para aplicacións de Smart Car (OP-E)
- Análise de vídeo para vehículos conectados (OP-E)