Para obter o título de MQIST é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:
- 15 obrigatorios,
- 27 optativos,
- 3 de prácticas externas obrigatorias
- 15 de Traballo de Fin de Máster.
Todas as materias son de 3 créditos ECTS
O plan de estudos do máster MQIST non contempla especialidades ou mencións, polo que o nome do título que se obtén é único. Máis aló das materias obrigatorias, cada estudante é libre de configurar o seu propio currículo.
Con todo, a modo orientador, agrupáronse certas materias para configurar tres itinerarios de elección totalmente voluntaria. O seu seguimento non terá reflexo no Título de Máster, pero si que figurará no Suplemento Europeo ao Título. Os módulos asociados aos devanditos itinerarios son:
- Computación Cuántica
- Comunicacións Cuánticas
- Física da Información Cuántica
Para completar un itinerario e recibir a correspondente mención, o alumno terá que cursar os 15 créditos optativos do módulo correspondente e completar con calquera outra materia optativa.
Materias por módulo
Módulo | Asignaturas | ECTS | Carácter | Semestre |
Obrigatorio | Mecánica Cuántica I | 3 | Obrigatorio | 1 |
Mecánica Cuántica II | 3 | Obrigatorio | 1 | |
Fundamentos de Información Cuántica | 3 | Obrigatorio | 1 | |
Introdución á Computación Cuántica | 3 | Obrigatorio | 1 | |
Fundamentos de Comunicacións Cuánticas | 3 | Obrigatorio | 1 | |
Computación Cuántica | Ferramentas de Computación Cuántica | 3 | Optativo | 1 |
Programación e Interpretación de Algoritmos Cuánticos | 3 | Optativo | 1 | |
Computación Cuántica e Aprendizaxe Máquina | 3 | Optativo | 1 | |
Computación Cuántica e Computación de Altas Prestacións | 3 | Optativo | 2 | |
Aplicacións Prácticas da Computación Cuántica | 3 | Optativo | 2 | |
Comunicacións Cuánticas | Teoría da Información Cuántica Avanzada | 3 | Optativo | 1 |
Tecnoloxías Fotónicas para Comunicacións Cuánticas | 3 | Optativo | 1 | |
Comunicacións Cuánticas Avanzadas | 3 | Optativo | 1 | |
Códigos de Corrección de Erros | 3 | Optativo | 2 | |
Redes de Comunicacións Cuánticas | 3 | Optativo | 2 | |
Física da Información Cuántica | Óptica Cuántica | 3 | Optativo | 1 |
Sistemas Físicos para a Información Cuántica | 3 | Optativo | 1 | |
Materiais Cuánticos | 3 | Optativo | 2 | |
Sistemas Abertos e Termodinámica Cuántica | 3 | Optativo | 2 | |
Metroloxía Sensores Cuánticos | 3 | Optativo | 2 | |
Optativas Comúns | Métodos Numéricos en Computación Cuántica | 3 | Optativo | 1 |
Arquitecturas da Computación Cuántica | 3 | Optativo | 1 | |
Mecánica Cuántica Avanzada | 3 | Optativo | 1 | |
Técnicas Experimentais para a Información Cuántica | 3 | Optativo | 1 | |
Sistemas Cuánticos Baseados en Regras | 3 | Optativo | 2 | |
Fotónica de Semiconductores | 3 | Optativo | 2 | |
Laboratorio de Comunicacións Cuánticas | 3 | Optativo | 2 | |
Comunicacións Cuánticas Vía Satélite | 3 | Optativo | 2 | |
Prácticas Externas II | 3 | Optativo | 2 | |
Prácticas e Traballo de Fin de Máster | Prácticas Externas I | 3 | Prácticas externas | 2 |
Traballo de fin de máster | 15 | Traballo de fin de máster | 2 |
Guías docentes
Podes acceder ás guías docentes de cada materia facendo clic neste botón: