DENOMINACIÓN DO TÍTULO
Máster Universitario en Ciberseguridade pola Universidade de A Coruña e a Universidade de Vigo
NÚMERO DE CRÉDITOS
90 ECTS
UNIVERSIDADES PARTICIPANTES
Universidade de Vigo (coordinadora) e Universidade da Coruña
CENTRO/S ONDE SE IMPARTE
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) e
Facultade de Informática (UdC).
TÍTULO CONXUNTO
Si
CENTRO RESPONSABLE
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Rúa Maxwell S/N
Campus Lagoas-Marcosende
36310 – Vigo (Pontevedra)
teleco.asuntosxerais@uvigo.es
Tfno. 986 812100
http://www.teleco.uvigo.es/
COORDINADORA DA TITULACIÓN
Ana Fernández Vilas
teleco.munics@uvigo.gal
OUTROS DATOS
- Rama de coñecemento:
Enxeñería e Arquitectura - Código ISCED:
480 (Informática)
520 (Enxeñería e profesións afíns) - Habilita para profesión regulada:
Non - Nivel MECES:
3 - Modalidade de ensino:
Presencial - Número de prazas ofertadas:
40 (20 en cada unha das universidades participantes) - Linguas empregadas:
Castelán, galego, inglés
TIPO DE MATERIA | CRÉDITOS ECTS |
Obrigatorias (OB) | 63 |
Optativas (OP) | 6 |
Prácticas externas | 9 |
Traballo Fin de Mestrado | 12 |
Totais | 90 |
Memoria vixente do título
O Real Decreto 861/2010 do 2 de xullo –que modifica o Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro– polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) a encargada de avaliar os plans de estudos dos títulos expedidos en Galicia.
Estes plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións. Esa memoria coñécese como memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.
No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:
- Alta inicial no RUCT: 05/10/2018
- Acreditacion Institucional: 28/01/2019
- Modificación: 18/07/2023
Podes consultar a Memoria de Verificación de MUniCS actualmente vixente (dende o curso 2023-2024) facendo clic no botón