A Comisión Académica establecerá as equivalencias entre estudos superados noutras universidades e aqueles que poidan ser recoñecidos no plan de estudos.

A experiencia laboral e profesional acreditada poderá ser tamén recoñecida en forma de créditos, nun número non superior a 7,5 ECTS.

En concreto, os créditos da materia de Prácticas Externas poderán ser recoñecidos por experiencia laboral e profesional acreditada, sempre que se exercera cando menos como Enxeñeiro Técnico/Diplomado/Grao no ámbito de proxectos de Realidade Estendida (XR).