Os plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións.

O Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais en España, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Unviersitario de Galicia (ACSUG), respecto dos títulos expedidos en Galicia, a encargada de avaliar os plans de estudos.

Dita memoria coñécese como Memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.

No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:

  • Alta inicial no RUCT: 12/11/2010
  • Modificacións da titulación: 15/05/2012; 23/03/2015; 31/07/2019

Premendo no botón de abaixo poderás consultar un PDF coa Memoria de Verificación do GETT actualmente vixente (curso 2019/2020).