Es docente de tecnoloxía e queres participar nesta iniciativa co teu estudantado de ESO, Bacharelato ou Formación profesional? Es estudante de ESO, Bacharelato ou Formación profesional e queres experimentar a potencialidade das telecomunicacións? Se é así, estas olimpíadas son o teu.
Que é?
É unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT).
O seu propósito xeral é a promoción da enxeñería de telecomunicación mostrando os campos nos que está presente no noso día a día e como pode mellorar a nosa calidade de vida, en concreto, como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS.
Participa nos V Teleco Games!
Nesta 5ª edición (2027), podes participar en equipos.
Na seguinte ligazón tes información das modalidades e categorías de competición, ademais dos premios que podes levar ti e máis o teu centro.
Queres saber que tal foron as anteriores edicións?
Tes dúbidas?
Podes resolvelas en:
- Na web nacional das olimpíadas,
- revisando as bases da competición neste enlace,
- ou escríbenos directamente un correo a teleco.olimpiadas@uvigo.es
Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO




