Es docente de tecnoloxía e queres participar nesta iniciativa co teu estudantado de ESO, Bacharelato ou Formación profesional? Es estudante de ESO, Bacharelato ou Formación profesional e queres experimentar a potencialidade das telecomunicacións? Se é así, estas olimpíadas son o teu.

Que é?

É unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT).

O seu propósito xeral é a promoción da enxeñería de telecomunicación mostrando os campos nos que está presente no noso día a día e como pode mellorar a nosa calidade de vida, en concreto, como impacta nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ou ODS.

Participa na IV Olimpíada!

Na 4ª edición (2026), podes participar en equipos. Este ano temos unha nova categoría, 1º-2º ESO, para que a rapazada máis nova poida tamén competir. Na seguinte ligazón tes información das modalidades e categorías de competición, ademais dos premios que podes levar ti e máis o teu centro.

Queres saber que tal foron as anteriores edicións?

Tes dúbidas?

Podes resolvelas en:

Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO