Se queres coñecernos, unha opción é que nos visites. Ofrecemos diferentes actividades para ti e a túa familia ou para o teu centro educativo, nas que poderás saber máis sobre o noso centro e ver as instalacións.
Visitas de estudantes ao Centro
Organizadas pola EET, nalgúns casos co apoio do Vicerreitorado de Relacións Institucionais, e noutros, encadradas en actividades como a Semana da Ciencia, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Día Internacional da Muller nas TIC, etc., teñen como obxectivo mostrar, ao posible futuro estudantado, as actividades e instalacións do Centro, así como explicarlles os contidos das titulacións que se imparten no mesmo. Durante as visitas faise entrega aos alumnos e alumnas de secundaria de información sobre a nosa Escola.
Obradoiros para estudantes
Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organízanse obradoiros especialmente orientados a rapazas de secundaria e bacharelato. Neles, impartidos por alumnas da EET, fanse obradoiros tan interesantes coma programación de robots, transmisión de información e ciberseguridade.
Web da EET
A nosa web constitúe un elemento básico non só para a difusión de información de interese para os colectivos da Escola, máis tamén como elemento de difusión de actividades e planificación do centro e das súas titulacións. Calquera estudiante potencialmente interesado en estudiar con nós poderá atopar información básica sobre planos de estudios, horarios de clase, calendario de exames, acceso aos servizos do Centro (Secretaría, Biblioteca, Aula de Informática), actividade extra-académicas organizadas na Escola etc.
Ven visitarnos!
Contacta coa Subdirección de Difusión e Captación neste correo:
teleco.subdir.captacion@uvigo.gal