Os Servizos Informáticos do Ámbito Tecnolóxico (SIATEC), están formados por persoal informático da Universidade de Vigo que asiste ao ámbito das escolas de enxeñaría tecnolóxicas, isto é, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET), Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME) e Escola de Enxeñaría Industrial (EEI).

A guía de abaixo proporciona unha relación resumida dos servizos e recursos informáticos dos que se dispoñen no SIATEC, e dos procedementos establecidos para facer uso deles por parte da comunidade universitaria:

ÁmbitoRecursosServizos
Xeral UVigoRede de datos.
Telefonía.
Redes Wi-Fi.
Correo-e + espazo web. Obsolescencia de equipamento informático.
Xestión de IPs.
Altas/traslados de liñas telefónicas.
Configuración e xestión de contas de correo.
Etc.
Xeral ATECRoldas de distribución de Correo-e.
Acceso a ubicacións con acceso biométrico.
Préstamo de material Informático.
Xestión de pantallas informativas.
Webs dos centros.
Aulas informáticas de libre acceso.
Xestión de incidencias.
Xestión de usuarios das roldas de correo-e.
Rexistro de pegadas de usuarios de lectores biométricos.
Control de material informático de empréstito.
Xestión de contidos dos paneis informativos e das webs dos centros.
Xestión de incidencias informáticas.
DocenciaLaboratorios informáticos.
PCs en aulas de teoría. Taboleiros electrónicos.
Gravación de clases.
Control de asistencia.
Sinatura electrónica.
Instalación/actualización de software.
Xestión de contas de usuarios.
Rexistro do control de asistencia.
Soporte técnico sobre sinatura electrónica.
Etc.
AdministrativoParque de PCs do PAS.
Impresoras/escáneres.
Postos de consulta.
Software específico.
Sinatura electrónica.
Instalación, configuración e actualización de hardware/software.
Xestión de incidencias relativas á sinatura electrónica.
Etc.