A Escola mantén programas de mellora continua para asegurar a calidade das titulacións e servizos que ofrecemos. Para conseguilo, empregamos unha serie de procesos de autoavaliación, avaliación externa e acreditación.
Esta mellora continua organízase ao abeiro do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) da EET, certificado FIFES-AUDIT dende do 2013. O SGC permítenos traballar de maneira sistemática e estruturada dentro dun ciclo sustentado en catro accións básicas: planificar, desenvolver, analizar e actuar.
Os distintos programas de calidade que segue o centro e as súas titulacións son, básicamente:
Máis información na Comisión de Calidade
- Seguimento anual das titulacións.
- Renovación da acreditación das titulacións.
- Modificación das titulacións.
- Certificación Fides-Audit do Sistema de Garantía de Calidade.
Estes programas susténtanse, entre outros, na análise da información de resultados dos títulos e a información recibida pola dirección e as coordinacións de títulos a través de distintas canles do Sistema de Calidade do Centro, como son: Enquisas de satisfacción das titulacións, Enquisas de valoración docente e a Caixa de correos de queixas, suxestións e parabéns.