Calidade

De acordo cos Reais Decretos 1393/2007 e 861/2010 (que modifica ao anterior), polos que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, tódo-los títulos que se imparten na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación intégranse nun Sistema de Garantía Interna da Calidade (SGIC), e participan nos programas de Verificación/Modificación, Acreditación e Seguimento de Títulos.

O 18 de novembro de 2013, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, certificou que o Sistema de Garantía Interna da Calidade da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación implantouse conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT (Certificado Nº 4 /13).

A comisión de calidade, presidida pola dirección do centro, é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGIC.

Acceso a Aplicacións para a Xestión da Calidade (restrinxido):

Crtificado-FidesUADIT