Programa de orientación (académica e profesional) para o estudantado de grao e máster durante a súa estancia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

orientaTE

Que é orientaTE?

orientaTE é un conxunto de oportunidades que se ofertan para o estudantado das diferentes titulacións da Escola para complementar a formación regulada con coñecementos e ferramentas cara o seu exercicio profesional:

Formación transversal e complementaria

A través dun conxunto de obradoiros, hackatóns, capture-the-flag, cursos ou visitas que engaden coñecementos aos adquiridos nas materias de Grao e Máster.

Orientación cara ao mercado laboral

Charlas impartidas por profesionais en exercicio, moitos deles titulados na Escola en promocións anteriores, que comparten as súas carreiras profesionais e as súas impresións sobre o mercado laboral.

Mentorización cara aos primeiros pasos profesionais

Profesionais senior que, coa súa experiencia, fan funcións de mentor/a profesional na adaptación á vida laboral das persoas que rematan a súa etapa formativa 

En que consiste?

orientaTE é a parte do Programa de Acción Titorial (PAT-ANEAE) enfocada ao estudantado que xa está asentado na Escola e que ten interese en ir máis aló, buscando orientación na súa formación técnica e transversal (soft skills), no seu coñecemento da profesión, ou nos pasos para deseñar unha carreira laboral e/ou académica.

Calendario

As diferentes actividades irán anunciándose ao longo do curso académico na materia orientaTE en Moovi e nesta páxina web:

  • Charlas “A actividade da Enxeñaría de Telecomunicación no ámbito da…”
    • 17, 24 e 31 outubro e 20 e 27 novembro de 2024
  • Charla Indra “Desenvolvemento electrónico e RF para os sistemas de fragatas F110”
    • 15 de novembro de 2024
  • Obradoiro Altia “Virtualización de contenedores con Kubernetes”
    • 21 de novembro de 2024
  • Participación “X Jornadas sobre Tecnologías y soluciones para la Automatización Industrial (JAI 2024)”
    • 10 ao 14 de febreiro de 2025

Teño moi pouco tempo, a que me comprometo?

Anotándote ao programa orientaTE tes a oportunidade de que a túa participación nas diferentes propostas que o conforman che reporte un recoñecemento en forma de acreditación da actividade e, nalgúns casos, como horas ECTS que se incorporarán no teu expediente.

Soa ben, é para min?

Se estás estudando calquera titulación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, é para ti.

Eu non acabo de telo claro, hai máis información?

Se desexas máis información sobre o programa en xeral ou sobre calquera dos seus aspectos, podes ver este documento e/ou dirixirte á Coordinación do Plan de Acción Titorial da Escola (teleco.pat@uvigo.gal), para facer preguntas por correo electrónico ou para concretar unha xuntanza presencial ou virtual na que tentaremos clarexar todas as túas dúbidas.