O programa de mobilidade nacional de estudantes universitarios, SICUE, promovido pola CRUE, permite que calquera estudante español poida realizar ata un curso completo noutra universidade do sistema español.
Se queres facer unha estadía
A EET ten convenios con numerosas universidades, como a Universidade de Valencia, a Universidade de Málaga, ou a Universidade Politécnica de Madrid entre outras.
Podes facer unha estadía de ata 12 meses que deberás solicitar na convocatoria anual que se realiza na Universidade de Vigo. A asignación de plazas realizase segundo:
- o teu expediente académico (nota media),
- outros criterios adicionais que a universidade de acollida especifique.
Se queres realizar unha estandía SICUE debes ter en conta:
Se estás no Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación
- Necesitas cursar no centro de destino entre 18 e 36 ECTS por cuadrimestre.
- Terás que formalizar un contrato de estudos coa persoa encargada de xestionar a mobilidade académica (Subdirección de Relacións Internacionais da EET)
- Poderás incluír no contrato de estudos calquera materia do GETT sempre que os seus contidos e competencias estean debidamente recollidos nas materias remotas. No caso do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), o idioma de impartición da materia en destino debe ser o mesmo que o da materia na universidade local.
Normativas:
Para dúbidas ou máis información
Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación
teleco.subdir.internacional@uvigo.es