O programa de intercambio KA171 pertence ao programa Erasmus+ e ten por obxectivo facilitar a mobilidade de estudantes de entidades educativas do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) con entidades educativas non pertencentes ao devandito espazo

Se tes interese en gozar dunha experiencia única, como é estudar noutra universidade fora do EEES, este programa é a túa oportunidade. A inmersión cultural e académica nunha universidade estranxeira ampliará o teu coñecemento doutras linguas, saberás como se traballa e estuda noutros países e, en definitiva, ampliará as túas oportunidades laborais cando regreses.

A mobilidade dentro do programa KA171 require da solicitude e concesión dun proxecto de intercambio entre a Universidade de Vigo e as universidades de fóra da EEES.

A EET ten ampla experiencia neste contexto coa concesión de varios proxectos KA171 con Exipto, Vietnam e varios países da zona dos Balcáns occidentais.

Actualmente, están activos os seguintes proxectos de mobilidade dentro do Erasmus+ KA171:

Para dúbidas ou máis información

Subdirección de Relacións Internacionais
da Escola de Enxeñaría de Tecomunicación


teleco.subdir.internacional@uvigo.es