TelecoVigo participou na xornada final dos Polos Creativos na Cidade da Cultura.

Organizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia

Unha representación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, formada por Anxo Gesto Gayoso, Enrique Costa Montenegro, Jaime González González, María Boado Mallón, Iván González García e Lucía Castrillo Sánchez, participou na xornada Polos Eclipsados, un evento organizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia no que máis de 20 centros educativos galegos amosaron os resultados dos seus proxectos científicos baixo a temática do eclipse solar que viviremos o vindeiro 12 de agosto.

O programa de Polos Creativos é un plan educativo que busca estimular o talento e a creatividade en todos os niveis académicos a través da dixitalización e da tecnoloxía.

Máis información sobre o evento nesta ligazón.