Graduación da XIII promoción de estudantes do GETT/BTTE, da XI do MET, e da VI promoción do MUniCS

O pasado xoves 4 de xuño celebramos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) o acto de graduación de 75 estudantes pertencentes a:

  • XIII Promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) e da V promoción do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE),
  • XI Promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET), e
  • VI Promoción do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).

Parabéns polo voso traballo, non podemos estar máis orgullosos de todos e cada un de vós, e felices de poder ter compartido esta etapa de formación. Agora toca vervos partir cara a un futuro que, temos a seguridade, estará cheo de oportunidades que saberedes aproveitar!

Grazas especiais por formar parte desta celebración a:

  • Dna. Carmen García Mateo, Reitora electa da Universidade de Vigo,
  • Dna. Marianne Blanco Martiño, Directora de Talento da oficina de NTT DATA en Galicia e Asturias 
  • Dna. Ruth Escarda Iglesias, Directora do Centro de Excelencia de Aeroespacial e Defensa de Indra Group en Vigo 
  • Dna. Patricia Agrelo Rivas, Secretaria Xeral do COETTGA 
  • D. Manuel Pozo Fariñas, Secretario da Xunta Directiva da AETG e Vicesecretario do COETG 
  • Dna María Olga Alonso Suárez, Concelleira delegada de Normalización lingüística, Educación, Recursos Humanos e Formación, representando ao Alcalde de Vigo

E por suposto, tamén:

  • á directora da Escola, Dna. Rebeca P. Díaz Redondo,
  • aos padriños e madriñas, D. Ignacio Alonso Alonso (por parte do GETT e o BTTE), D. Iñigo Cuiñas Gómez (por parte do MET) e D. Manuel Fernández Veiga (por parte do MUniCS),
  • aos coordinadores das titulacións, D. Diego Pérez Estévez (GETT/BTTE), D. Fernando Machado Domínguez (MET) e D. Manuel Caeiro Rodríguez (MUniCS).
  • aos representantes do estudantado: D. Iago Prol González e Dna. ⁠Daniela Sanz Toucedo (GETT), Dna. Ivana Ogando González, D. Luis Otero Troitiño e Dna. Andrea Vicente Rodríguez  (MET), e D. Alexis Bernárdez Hermida (MUniCS).

Grazas tamén a todos os que vos achegastes para celebrar con eles, e con nós, este momento tan especial.

Moitas grazas ás dúas empresas de ConexionTeleco que patrocinan este acto (Indra e Borgwarner).

Os nosos alumnos recibiron como agasallo un suadoiro para que nos leven preto do seu corazón. É un deseño de Luis Davila e foi patrocinado por Indra, empresa que tamén copatrocinou os petiscos que tomamos ao acabar o acto.

O acto estivo amenizado coa música do Cuarteto Caramuxo, un sexteto formado por catro clarinetistas, un acordeonista e unha percusionista que reinterpretan a música tradicional galega dende unha óptica contemporánea na que se mesturan unhas composicións elaboradas cunha grande delicadeza e cheas de connotacións a todo tipo de estilos musicais, unha instrumentación sorprendente nun grupo de música folk e unha coidada posta en escena derivada da súa experiencia en espectáculos teatrais. 

A prensa fíxose eco deste acto. Le a nova en Atlántico Diario.