O pasado venres 13 de xuño celebramos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) o acto de graduación de 83 estudantes pertencentes a:
- XII Promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) e da IV promoción do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE),
- X Promoción do Máster en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (MET), e
- V Promoción do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS).
Parabéns polo voso traballo, non podemos estar máis orgullosos de todos e cada un de vós, e felices de poder ter compartido esta etapa de formación. Agora toca vervos partir cara a un futuro que, temos a seguridade, estará cheo de oportunidades que saberedes aproveitar!
Grazas especiais por formar parte desta celebración a:
- D. Manuel Reigosa Roger, reitor da Universidade de Vigo,
- D. Telmo Calle, director do Centro Técnico Español para Electrónica de BorgWarner ,
- D. Jesús Ángel García Sánchez, responsable de Ecosistema de I+D e Universidades de Indra Group,
- D. José Manuel Martínez, decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA) e presidente da AGGETT, e
- D. Abel Caballero, alcalde de Vigo.
E por suposto, tamén:
- á directora da Escola, Dna. Rebeca P. Díaz Redondo,
- aos padriños e madriñas, D. Sergio Herrería Alonso (por parte do GETT e o BTTE), D. Iñigo Cuiñas Gómez (por parte do MET) e D. Miguel Ramón Diaz-Cacho Medina (por parte do MUniCS),
- aos coordinadores das titulacións, Dna. Lucía Costas Pérez (GETT/BTTE), D. Manuel García Sánchez (MET) e Dna. Ana Fernández Vilas (MUniCS), e
- aos representantes do estudantado D. Andrés Saavedra Belirón (GETT), e Dna. María Boado Mallón e D. David Sueiro Durán (MET).
A xornada incluíu tamén a interesantísima conferencia do relator invitado, o profesor Michael Luck, da Universidade de Sussex, quen abordou a importancia da seguridade e da confiabilidade na adopción da intelixencia artificial.
Grazas tamén a todos os que vos achegastes para celebrar con eles, e con nós, este momento tan especial.
Moitas grazas ás dúas empresas de ConexionTeleco que patrocinan este acto (Indra e Borgwarner). Nas fotos, os nosos alumnos e alumnas locen moi elegantes co suadoiro que lles regalamos para que nos leven preto do seu corazón. É un deseño de Luis Davila e foi patrocinado por Indra, empresa que tamén copatrocinou os petiscos que tomamos ao acabar o acto.












