Premiados na fase nacional das III Olimpíadas de Teleco 3 equipos clasificados en Teleco-Vigo

O día 3 de xullo de 2025, tivo lugar o acto de entrega de premios da competición nacional das Olimpíadas na sede da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. O evento estivo organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (AEGITT), xunto coa Conferencia de Directores de Escuelas con Grados de Ingeniería en el Ámbito de Telecomunicación (CODIGAT), que aglutina a unha vintena de escolas universitarias como patrocinadoras e colaboradoras.

3 dos 12 equipos galardoados nesta fase final foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EE de Telecomunicación da Universidade de Vigo:

Na categoría de Bacharelato:

🏆 1º Premio para o equipo do IES Rosais 2, de Vigo:
Proxecto: Generador Hidroeléctric
Equipo: Alicia Montalvo Cendón, Xián Pena Puza e Nikolas Antón Cremades
Docente responsable: Víctor Gerardo Ronco García
Dotación: 500€ para o equipo e 500€ para o docente

🏆 4º Premio para o equipo do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada – A Coruña:
Proxecto: Parque S.A.D.A.
Equipo: Luiz Fernando Araujo de Melo, Adrián Arnoso Bermúdez, Johanna Fiorella Barral Recalde, Montserrat Rodríguez Alfonsín e Ángel Rodríguez Naya
Docente responsable: Patricia Iglesias Noguerol
Dotación: 200€ para o equipo

Na categoría de FP de grado medio e superior:

🏆 1º Premio para o equipo do CIFP A Farixa, de Ourense:
Proxecto: EcoControl
Equipo: David Araújo González, Mario Caride Otero, Raúl Dos Ramos Álvarez, Juan Arturo Martín Capecchi, Luis Francisco Martínez Araya e Álex Tielas Espiñeira.
Docente responsable: Ricardo Ameijeiras Vázquez
Dotación: 500€ para o equipo e 500€ para o docente

IES Rosais 2

IES Isaac Díaz Pardo
CIFP A Farixa