Elas Fan CienTec na EET

Detectives de imaxes e robótica na EE de Telecomunicación

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación recibiu a un grupo de case 60 alumnas do IES Castelao de Vigo.

Divididas en dous equipos tiveron a oportunidade de visitar os laboratorio de Acústica e Procesado da Sinal e participar en dous talleres:

  • Detectives de imaxes: Neste obradoiro explicóuselles como cada vez é máis frecuente atopar imaxes manipuladas que axudan a difundir información falsa por internet e como o procesado destas imaxes pode axudar a botar unha ‘ollada’ máis alo do que ven os nosos ollos e, “con sorte” , atopar inconsistencias que axuden a diferenciar o que é real do que non. Así as alumnas recibiron unha pequena introdución ao mundo da análise forense de imaxes, dándolles a oportunidade de explorar o funcionamento dalgunhas das ferramentas que existen para a detección deste tipo de manipulacións.
  • Robótica con CuteBot: No caso deste obradoiro,as nenas recibiron unha clase na que  aprender a programar, desde o máis simple ata o máis complexo, desde seguir unha liña e avanzar evitando obstáculos ata prender automaticamente as luces en función da luz ambiental. 

Fonte: Duvi.