O día 5 de febreiro de 2025, a EE de Telecomunicación estivo presenta na Xornada de Orientación Uiversitaria, na que máis de 1000 mozos e mozas de institutos de Vigo e a súa contorna achegáronse ó campus de Vigo.
O obxectivo da Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade con esta iniciativa é amosar a oferta académica da UVigo ao alumnado pre-universitario, e achegarlles a todas e todos eles a información precisa para que poidan tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, a de elixir carreira unha vez superen a ABAU.
Esta mañá participamos cun posto informativo nas XOU, Xornadas de Orientación Universitaria, nas que a @uvigo amosa a súa oferta académica ao alumnado preuniversitario. Foi un pracer poder dar a coñecer o noso grao a persoas tan interesadas!#beTelecoVigo pic.twitter.com/4reqFrxtf6
— E.E. Teleco Vigo (@EETelecoVigo) February 5, 2025
Coa axuda de varios estudantes (Lucía Castrillo, Hugo Mera), membros da Delegación de Estudantes da EET, e de Javier Dávila e Diego Asorey, da empresa Kendra, tentamos presentar a Enxeñaría de Telecomunicación a todos os mozos e mozas que nos visitaron.