Premiados na fase nacional das olimpíadas de Teleco 3 equipos e 1 participante individual clasificados en Teleco-Vigo

3 dos 12 equipos, e 1 dos 4 participantes na categoría individual galardoados na fase nacional foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EET

O día 14 de xuño de 2024 tivo lugar en formato online o acto de entrega de premios da competición nacional das Olimpíadas. O evento estivo organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (AEGITT), xunto coa Conferencia de Directores de Escuelas con Grados de Ingeniería en el Ámbito de Telecomunicación (CODIGAT), que aglutina a unha vintena de escolas universitarias como patrocinadoras e colaboradoras.

3 dos 12 equipos, e 1 dos 4 participantes na categoría individual galardoados nesta fase final foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EET:

  • Na categoría de equipos de ESO:
    • Premio ‘Proposta máis aliñada co ODS 3’ (3º premio: 300 euros a repartir entre os membros do equipo) para o  equipo do Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo): Nicolás Costas Fernández, Guillermo Alonso Caraballo, Federico Andrés de Marco, Jacobo Fructuoso Veiga. Docente: Bernardo Longa Méndez.
  • Na categoría de Bacharelato por equipos:
    • Premio á ‘Mellor proposta técnica’ (1º premio: 500 euros a repartir entre os membros do equipo e 500 euros para a profesora) para o equipo do  IES Isaac Díaz Pardo (A Coruña): Inés Abuín Sánchez, Martín Santos García, Elías Porral del Río, Uxía Bernárdez Martínez, Iago Fernández Gómez, Daniel Martínez Hermida. Docente: Patricia Iglesias Noguerol
  • Na categoría de FP:
    • Premio ‘Proposta máis aliñada co ODS 3’ (3º premio: 300 euros a repartir entre os membros do equipo) para o equipo do  CIFP A Farixa – Ourense : Paula Cortizo Pérez, Jorge Gil Álvarez, Cristian González González, Francisco Alejandro González Rangel, Anxo Sampayo Pulido, Iver Esrom Vásquez Poma. Docente: Ricardo Ameijeiras Vázquez
  • Na categoría de Bacharelato individual:
    • 3º premio ex-aequo (200 euros): Hugo Domínguez Conde. Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). Docente: Elena Poncela Blanco