Gradúase IX promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación despide outra promoción de estudantes do GETT e á primeira do BTTE.

O pasado venres 10 de xuño celebramos na EET o acto de graduación da IX promoción do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación. Este ano puidemos volver compartir na Escola este emotivo acto coa familia, amizades e comunidade educativa da Escola.

Grazas por participar neste acto ao vicerreitor da UVigo José María Martín Moreno, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, ao socio consultor de Optare Solutions, Roberto Pérez e ao director de Ingeniería y Tecnología de Indra T&D, José Ignacio Ulizar. E por suposto tamén á directora da Escola Rebeca P. Díaz Redondo, á madriña desta IX promoción Yolanda Blanco é aos representantes do alumnado Aarón Granja e Lidia Varela.

Parabéns polo voso traballo, somos moi afortunados por tervos acompañado nesta etapa formativa e estamos xa orgullosos de todo o que ides aportar nesta “sociedade tecnolóxica” durante a vosa carreira profesional!

E, por suposto, grazas tamén a todos os que quixestes compartir con eles, e con nós, estes momentos tan especiais!