Gradúase a VII promoción do máster en Enxeñaría de Telecomunicación

A EET despide outra promoción do máster a que lle espera una etapa profesional moi prometedora e chea de oportunidades.

O pasado venres 3 de xuño celebramos o acto de graduación dos nosos 25 estudantes do máster en Enxeñaría de Telecomunicación (MET). Este ano puidemos volver compartir este emotivo acto coa familia, amizades e comunidade educativa da Escola, o que era moi desexado por esta promoción que, por mor da pandemia, non puido desfrutar dun acto coma este ao rematar os seus estudos de grao.

Parabéns polo voso traballo, somos moi afortunados por tervos acompañado nesta etapa formativa e estamos xa orgullosos de todo o que ides aportar coa vosa carreira profesional!

Grazas por participar no acto a César Mariñas da COETG_AETG Colexio Oficial/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a Gabriel Gomez Celaya de Marine Instruments, a Luis Pérez-Freire de Gradiant e ao alcalde Abel Caballero. Tamén a Directora da Escola, Rebeca P. Díaz Redondo, ao padriño desta VII promoción Carlos López Ardao e aos representantes do alumnado Tomás Prado Rial e Álvaro Vázquez Rodríguez.

E, por suposto, grazas tamén a todos os que quixestes compartir con eles, e con nós, estes momentos tan especiais!