A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación destaca pola transferencia de coñecemento cara a sociedade e o tecido empresarial. De feito, no ano 2021, a EET foi o centro con maior número de proxectos de transferencia e que o que aporta o maior volume económico neste tipo de contratos con empresas da Universidade de Vigo.

A meirande parte da transferencia de coñecemento realizámolo por medio do centro atlanTTic, unha entidade que ten como obxectivo ser referencia en investigación científica e tecnolóxica en España.

Pódese ver unha pánorámica da capacidade de investigación e transferencia nos seguintes indicadores:

6,8M€

FONDOS
DE I+D

+150

PERSOAL
INVESTIGADOR

37

CONTRATOS
I+D ACTIVOS

104

PUBLICACIÓNS
(WOS/ Scopus)

23

PAPERS
Q1