Despois de defender a súa tese de doutoramento pasou a ser a primeira persoa con toda a súa formación académica na EET.
Baixo o título “Estabilidad Robusta de Polinomios con Incertidumbre Estructurada” e baixo a dirección dos profesores Domingo Docampo Amoedo (Universidade de Vigo) e Chaouki T. Abdallah (University of New Mexico), recibiu a máxima cualificación, sobresaínte cum laude, por unanimidade.
Fernando Pérez González fixo a súa carreira profesional no ámbito académico e investigador na Universidade de Vigo, sendo na actualidade catedrático na EET.