Xornada de presentación das II Olimpiadas de Teleco

Abrir

O próximo xoves 25 de xaneiro terá lugar no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET)  a presentación da 2ª edición das Olimpíadas de Teleco, acto ao que están convidados docentes e alumnado preuniversitario inscrito nas olimpíadas, probas que se celebrarán a finais de abril.

Está previsto que asistan presencialmente máis de cen persoas, para os que hai preparada unha visita ás diferentes instalacións da escola, e o resto conectaranse ao acto vía Campus Remoto.

No transcurso do acto (arredor das 10.15 horas) terá tamén lugar a entrega de premios aos mellores expedientes de entrada na EET no curso 2023/2024, participantes ambos na pasada edición das Olimpíadas de Teleco Vigo. Cada un dos premios será entregado por unha empresa da rede conexionTeleco: Optare Solutions e BorgWarner.