O día 7 de setembro de 2023 é a data elixida pola UVigo para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial no campus de Vigo. Haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.
Recibirás toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2023/2024 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras.
Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 a xornada que terá lugar no pavillón de deportes do campus de Vigo. Poderás informarte sobre:
- Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
- Tarxeta universitaria
- Transporte e aloxamento
- Voluntariado e asociacionismo
- Bolsas e axudas+ servizo de Grao
- Escola aberta de formación permanente + servizo de Posgrao
- Biblioteca
- Mobilidade (ORI)
- Centro de Linguas
- Emprego e emprendemento
- Cultura e extensión universitaria
- Benestar, saúde e deporte
- Atención á diversidade
- Unidade de Igualdade
- Delegacións e asociacións de estudantes
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, bebidas e moito máis.
Agardámoste!
Neste enlace tes máis información.