Xornada de benvida 2026/2027 na EET para o estudantado de 1º curso

Abrir

O luns 7 de setembro de 2026 entre as 09.00 e 13.00 terá lugar, no Salón de Actos da EET, a xornada de benvida ao novo curso para todo o estudantado de primeiro que comeza unha nova etapa con nós.

Nela darémoste a benvida e recibirás información sobre:

  1. O día a día na Escola
  2. Os estudos que comezas (horarios, organización, etc.)
  3. Os cursos de inglés (diferentes niveis) do Centro de Linguas
  4. O Plan de Acción Titorial e as súas actividades deseñadas para ti
  5. Os programas de Igualdade e PIUNE da universidade
  6. Unha pequena charla de persoal da empresa Quobis para saber no que poderás traballar no futuro
  7. A Delegación de Estudantado da EET (DAAT)
  8. As diferentes asociacións da Escola, en concreto coñeceremos o Foro Tecnolóxico
  9. E participarás nunha Xincana para coñecer mellor a Escola, o Campus e algúns dos teus nov@s compañeir@s

Ademais recibirás unha camiseta de agasallo. Esperámoste!