O xoves, 6 de marzo de 2025, a empresa Rohde & Schwarz ofrecerá a xornada “Novo espazo. Medidas avanzadas de alta frecuencia e caracterización de materiais” no Salón de Actos da nosa escola.
Nesta sesión teórico-práctica poderás participar en dúas charlas de 45 minutos de duración cada unha, seguidas de dúas horas de presentación e demostración nas que poderás afondar en “NTN Solutions and Materials Characterization”.
Os estudantes que asistan recibirán un recoñecemento de 4 horas.
Podes atopar máis información e inscribirte en: https://www.rohde-schwarz.com/es/top-topics-spain/new-space/new-spac-advanced-measurements-in-high-frequencies-and-materials-characterization_256780.html
Datas: 6 de marzo de 2025, de 10:00 a 14:00
Lugar: Salón de Actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Destinatarios: estudantes de GETT, MET e Munics
É necesaria a inscrición, ata o día 4 de marzo de 2025, para asistir e o recoñecemento das horas.