A empresa Marine Instruments, en coordinación coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a través do programa orientaTE, pon en marcha un II edición do Obradoiro Marine Instruments “Es quen de facer chegar á terra os datos detectados por unha boia mariña?”
O obradoiro está centrado na comunicación sen fíos de datos sensorizados dende nodos aillados, e poden participar estudantes de terceiro curso ou superior do GETT/BTTE.
A intención de este obradoiro e que os alumnos aprendan como funciona un produto real, e teñan oportunidade de coñecer a unha das empresas tecnolóxicas do entorno de Vigo a través dos seus desenrolos.
Actividade orientaTE
Ao ser unha actividade dentro do programa orientaTE, recoñeceranse 25 horas-ECTS a tódolos participantes que completen o obradoiro.
Inscricións
A inscrición estará aberta ata o 20 de xaneiro de 2024 ás 23:59, mediante unha actividade dispoñible na plataforma Moovi, curso GETT-Estudantado, sección PAT-orientaTE. Cada participante se inscribirá individualmente. De haber máis de quince persoas inscritas ao peche do prazo, a selección farase por orde de inscrición na plataforma.
Desenvolvemento do obradoiro
O 25 de xaneiro de 2024 informarase aos equipos inscritos da súa aceptación ou non no obradoiro, e confirmaranse as datas do obradoiro. Haberá tres sesións presenciais de catro horas de duración, no laboratorio BS02, os días: 31 de xaneiro, 14 de febreiro e 28 de febreiro.
Para máis información consulta as bases da convocatoria no seguinte enlace da plataforma Moovi: bases
Animádevos a participar!