Obradoiro “Xeración e detección de malware en contornas empresariais”

Abrir
A iniciativa AltiaTechDay é un programa formativo, en colaboración coas universidades, dirixido a mostrar de forma teórica e práctica diferentes tecnoloxías e/ou ferramentas ao alumnado de centros nos que se enmarcan docencia dentro do mundo das TIC.
Nesta ocasión ofrecenos o obradoiro “Xeración e detección de malware en contornas empresariais”. Neste taller exploraremos como se crea e perfecciona o malware para explotar vulnerabilidades en contornas empresariais. Ademais, amosaremos como detectar e mitigar estas ameazas empregando ferramentas avanzadas como Splunk. O obradoiro, de dúas horas, será impartido polo seguinte persoal de Altia:

  • Pablo Lago – Especialista en Red Team e Consultor en Seguridade Informática
  • Ignacio Quintas – Especialista en Blue Team e Consultor en Seguridade Informática


Data: mércores 2 de abril de 2025, 15:00 a 17:00
Lugar: Aula T1214

Destinatarios: estudantes do grao e mestrado

É necesaria a inscrición, ata o día 1 de abril, na materia de orientaTE en Moovi.

Os asistentes ao obradoiro recibiran unha certificación de dúas horas.