Obradoiro-Reto Marine Instruments

Abrir

Participa no Obradoiro-Reto Marine Instruments!

A empresa Marine Instruments, en coordinación coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación a través do programa orientaTE, pon en marcha un Obradoiro-Reto titulado: Es quen de facer chegar á terra os datos detectados por unha boia mariña?

O obradoiro está centrado na comunicación sen fíos de datos sensorizados dende nodos aillados, e poden participar estudantes de terceiro curso ou superior do GETT/BTTE.

Actividade orientaTE

Ao ser unha actividade dentro do programa orientaTE, recoñeceranse 25 horas-ECTS (8 presenciais e 17 de traballo autónomo) a tódolos participantes que completen o obradoiro-reto.

Inscricións

A inscrición estará aberta ata o 28 de febreiro de 2023 ás 23:59, mediante unha actividade dispoñible na plataforma Moovi, curso GETT-Estudantado, sección PAT-orientaTE. A inscrición farase por equipos de tres persoas e poderán participar un máximo de cinco equipos, de haber máis de cinco equipos inscritos ao peche do prazo, a selección farase por orde de inscrición na plataforma do primeiro membro do equipo.

Premio

O equipo que presente a proposta con mellor rendemento a xuizo do xurado recibirá un premio consistente nunha impresora 3D valorada nuns 400 euros.

Para máis información consulta as bases da convocatoria no seguinte enlace da plataforma Moovi: bases

Animádevos a participar!