Obradoiro: "Rematando os estudos universitarios, e agora que?"

Abrir

O vindeiro xoves 22 de febreiro, de 13:00 a 14:30 h, terá lugar na aula T211 da EET o obradoiro “Rematando os estudos universitarios, e agora que?” impartido por Paula Domínguez Vázquez, graduada en Psicoloxía a especialista en selección de persoal e desenvolvemento de talento.

Neste obradoiro Paula Domínguez Vázquez vai abordar temas como os posibles conflitos internos que xorden cando se achega o cambio de rol de “estudante” a “traballador” e a toma de decisións de seguir estudando un mestrado ou entrar no mundo laboral. Iso si, e tendo en conta a súa profesión, tamén dará uns “consellos” para as persoas que van pasar polo seu primeiro proceso de selección.

Trátase dunha actividade do programa orientaTE que realizamos en colaboracón co Foro Tecnolóxico da UVigo.

Anímate a participar!

Lugar: Aula T211 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

A inscrición individual está aberta ata o 21 de febreiro a través de Moovi.