O proxecto PREVENT ten por obxectivo formar estudantes de educación superior no uso estratéxico de tecnoloxías profundas, como a IA, a robótica e a IoT, para a prevención de desastres naturais.
No marco deste proxecto impartirase un curso sobre o uso da “Intelixencia Artificial na xestión de emerxencias“. O curso será impartido polos seguintes profesores da nosa escola:
- Felipe Gil Castiñeira – Catedrático de Universidade
- Cristina López Bravo – Profesora Titular de Universidade
Datas: mércores 23 e 30 de abril de 2025, 14:30 a 16:30
Lugar: Aula T218
Destinatarios: estudantes do grao e mestrado
É necesaria a inscrición, ata o día 22 de abril, na materia de orientaTE en Moovi.
Os asistentes ao curso recibiran unha certificación de catro horas.